- No se aceptan pedidos extra peninsulares
Panceta de porco troceada reducida en sal
Podemos atopala moitas veces co nome de bacon, pero no noso país chamámoslle panceta de porco á carne entreverada da zona do ventre do porco. Tamén se lle chama touciño entrefebrado de porco. Só con velo distinguimos as dúas partes que compoñen este produto: a pel e o touciño.
Neste formato estás a mercar panceta de porco troceado, para non levar a peza enteira. Está envasada ao baleiro.
Véndese en envase de 0,5 quilos aprox.
4.50€ IVA incl.
- Envío 2-5 días
- Preguntas Frecuentes
Descripción de producto
A nosa panceta de porco troceado elabórase baixo os estándares de calidade Fontefría, seguindo a receita tradicional herdada dos nosos antecesores.
É un produto cárnico porcino que provén de porcos seleccionados e que salgamos respectando os tempos e sistemas de outrora. Despois da salgadura e o secado, aplícaselle o sistema de conservación ao baleiro para que non perda as súas características organolépticas e poidas consumila sempre con seguridade.
Se buscas outros produtos cárnicos para completar a túa compra, tes unha ampla selección á túa disposición na nosa tenda online.
Ingredientes:
Panceta de porco, sal común (antiaflomerante E536),cloruro de sodio, cloruro de potasio E508, destroxa, ascorbato de sodio E316, nitrato de potasio E252, nitrito de sodio E250, antiaglomerante E504.
Na nosa tenda online atopas o noso touciño entrefebrado de porco galego branco con costela envasada ao baleiro. Non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.
Recomendacións de preparación:
Na gastronomía galega este produto está presente en multitude de pratos de culler, como o cocido, o caldo ou os callos. É unha carne moi suculenta que engade moito sabor ás elaboracións xa que, está composto nun 85 ó 90% de graxa e só un 10 ó 15% de magro, polo que é un condimento contundente.
Popularizouse o seu consumo tamén no verán, asándose á grella e acompañando ao resto de carnes do churrasco. Tamén como ingrediente de receitas nacionais e internacionais como os torriscos ou a pasta carbonara.
Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.
Información adicional
| Peso | 0.5 kg |
|---|---|
| conser | Manter entre 4º e 8º C |
| Sabor | Característico do produto |
| Vida útil | 8 meses |
| Alérgenos | Público en xeral |
| Valor energético | 1951.6 kj/472.2 kcal /100 g. |
| Grasa Bruta | 44,1g/100 g |
| Ácidos grasos saturados | 24,2 g/100 g. |
| Hidratos de carbono por diferencia | <0.1 g /100 g. |
| Azúcares totales | <0.1 g / 100 g. |
| Proteína bruta | 18,8 g / 100 g. |
| Sal (a partir de sodio) | 3,92 g./100g. |
| Consumo | Cru ou cocido |
Productos relacionados
-

Xamón Adega
81.40€ IVA incl. -

Xamón gran reserva sen óso moldeado
71.70€ IVA incl. -

Morro de porco salgado
8.70€ IVA incl. -

Espiñazo de porco salgado
8.70€ IVA incl.

