- No se aceptan pedidos extra peninsulares
Orella de porco salgada
A orella de porco salgada é un indispensable dos pratos tradicionais. Achega un extra de sabor a guisos e cocidos. Como tapa, con aceite e pemento é todo un clásico e un éxito asegurado.
Véndese en envase de 1,5 quilos aprox.
7.30€ IVA incl.
- Envío 2-5 días
- Preguntas Frecuentes
Descripción de producto
A orella de porco salgada é un produto fantástico para realizar os teus pratos máis tradicionais como o cocido galego ou os guisos da avoa, ademais de ser un excelente acompañante para legumes e verduras. Tamén é ideal para cocer e condimentar con aceite de oliva virxe extra, pemento (doce ou picante) e sal – como o polbo á feira -; estará deliciosa.
Tódolos nosos produtos cárnicos son 100% naturais. Neste caso, a orella de porco sométese a un proceso de salgadura, seguindo o método tradicional, co fin de recuperar o sabor xenuíno da gastronomía galega. O primeiro reto é a selección que facemos da mellor carne porcina para poder ofrecerche sempre a mellor calidade: a calidade Fontefría.
Características organolépticas:
A orella de porco salgada presenta unha cor característica da súa especie, mantendo a súa frescura. A textura é tersa e sen ser pegañenta. E en canto ao sabor e ao cheiro, poderás apreciar un toque á salgadura, a priori e un sabor intenso.
Ingredientes:
Orella de porco, sal común (antiaglomerante E536). A orella de porco salgada que atopas na nosa carnicería online non contén ningún ingrediente susceptible de causar alerxias ou intolerancias alimentarias segundo o Regulamento nº1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de Outubro de 2001 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor.
Recomendacións de preparación:
Este produto está destinado a ser consumido unha vez cociñado, nunca en cru. Lembra desalgalo polo menos durante 8 horas antes do seu consumo para eliminar o exceso de sal.
A orella de porco é fantástica para preparar pratos tradicionais. O prato galego máis típico para tomar, sobre todo en época de frío, consiste en cocela e cortala finiña e servila con aceite e pemento, e se é un pouquiño picante mellor. Como tapa, é un clásico. O tempo de cociñado é rápido: se usas unha pota a presión, só necesitarás 15 minutos. Se non, con media hora chegaría.
Lembra consumir a cantidade diaria recomendada de carne para manter unha dieta sa e equilibrada segundo a Organización Mundial da Saúde.
Información adicional
| Peso | 1.5 kg |
|---|---|
| conser | Conservar en lugar fresco e seco |
| Sabor | Característico do produto |
| Vida útil | 8 meses |
| Alérgenos | Público en xeral |
| Valor energético | 210,87kcal-883,54kj |
| Grasa Bruta | 11,70g/100g |
| Ácidos grasos saturados | 1,62g/100g |
| Hidratos de carbono por diferencia | <0,1/100g |
| Azúcares totales | <0,1gr/100g |
| Proteína bruta | 26,4g/100g |
| Sal (a partir de sodio) | 15,17g/100g |
| Consumo | Destinado a consumir unha vez cociñado o produto |
Productos relacionados
-

Xamón reserva
70.40€ - 72.00€Rango de precios: desde 70.40€ hasta 72.00€ IVA incl.Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto -

Xamón Adega
81.40€ IVA incl. -

Chourizo extra picante
5.58€ - 63.97€Rango de precios: desde 5.58€ hasta 63.97€ IVA incl.Seleccionar opciones Este producto tiene múltiples variantes. Las opciones se pueden elegir en la página de producto -

Espiñazo de porco salgado
8.70€ IVA incl.